Ir Arriba

Inicio

portada_turismoa

Destacados

Novembro, 2017

VER POR

Lun

Mar

Mer

Xov

Ven

Sab

Dom

-

-

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

14

15

16

17

18

19

20

21

22

23

24

25

26

27

28

29

30

Sab18Nov - 24Nov 181:00Nov 24- 1:00Celebración de Santa Icía1:00 - 1:00 (24) Detalles do evento:Cultura

PRÓXIMOS EVENTOS

Novembro

Sab18Nov - 24Nov 181:00Nov 24- 1:00Celebración de Santa Icía1:00 - 1:00 (24) Detalles do evento:Cultura

 

RECOMENDÁMOSCHE VISITAR

As Fragas do Eume

As Fragas do Eume

Este é o bosque atlántico costeiro mellor conservado de Europa. Encaixado no profundo canón que o río Eume labrou co paso do tempo, é un dos tesouros botánicos de Galicia e da península Ibérica, xa que alberga algunhas especies de fentos case exclusivas, que unicamente se poden encontrar en moi contados enclaves da nosa xeografía. Só por isto é merecedor de ser unha Zona de Especial Protección dos Valores Naturais.

Ver [+]

Rutas de Sendeirismo

senderismo

.

RUTA DA RIBEIRA E LOSTEGAL

RUTA DA RIBEIRA E LOSTEGAL

Lonxitude da ruta: 27 km Duración aproximada: 8 horas. Dificultade: media-alta Esta ruta de percorrido circular dispón de duas posibilidades, unha con 20 km de dificultade media e outra máis extensa, con 27 km, de dificultade más elevada. Partindo dende o Parque do Eume, iniciaremos o camiño en dirección nordeste pola marxe dereita do río e ata a Presa da Ribeira, donde cambiaremos de marxe de río e camiñaremos polas abas dos montes da Ribeira e da Carballeira. Atravesando varios regos, paralelamente ao encoro, chegaremos ata o lugar de Vilarbó, onde colleremos unha pista que nos introducirá no bosque primitivo galego, onde toda clase de arbustos, prantas e árbores farán que o viaxeiro continúe pola senda sinalizada para non perderse en tal vasto e increíble lugar. Continúa o camiño ata os montes de Lostegal, onde unha nova senda leva ata o Campo da Meda. Prosigue polos bordes da fraga da Carballeira que chega ata o Caneiro, lugar recreativo e de descanso onde se retoman forzas para voltar, descendendo polo cordal xunto o rego de Allón, ata chegar ao lugar de Cuíña, onde cruzará a través das casas ata chegar á beira esquerda do río Eume, onde se cruza unha ponte de madeira para chegar ao punto de partida.

RUTA DO CAMIÑO DOS ARRIEIROS (1º TRAMO)

RUTA DO CAMIÑO DOS ARRIEIROS (1º TRAMO)

Lonxitude da ruta: 28 km Duración aproximada: 9 horas. Dificultade: moderada

Partindo de As Pontes a ruta toma a dirección hacia Estaca de Bares a través do lugar pontés de Marraxón de Arriba, para atravesar a Serra da Faladoira. O importante valor da ruta, ademáis das paraxes que se observan, radica no aliñamento, ao longo do seu percorrido, de mámoas e dolmens respectados durante séculos polos transeúntes do camiño. Datadas arredor do 5.000 a.c., as 200 mámoas emprazadas na Serra da Faladoira e Coriscada, forman unha unidade patrimonial de destacadísimo interese cultural, sendo ésta a zona de máis concentración de estas construccións de toda Galicia. Así, neste primeiro tramo,teremos tres lugares principais de referencia: As Pontes, Caxado e Serra da Faladoira.

RUTA DO FORGOSELO

RUTA DO FORGOSELO

Lonxitude da ruta: 21 km Duración aproximada: 5 horas. Dificultade: moderada

Tratándose dun espazo natural de especial relevancia para o municipio de As Pontes, compartido con dous municipios limítrofes, A Capela e San Sadurniño, merece atención esta ruta.

Partindo dende o lugar de Igrexafeita, pertencente ao Concello de San Sadurniño, seguirase o camiño ata chegar ao río Castro, continuando ata o Castelo de Narahío seguindo río abaixo. Comeza un moderado ascenso para chegar ao alto do Forgoselo, na zona de Racamonde, onde poderemos disfrutar dunhas gratificantes vistas que nos agasalla o seu mirador. O camiñante deberá continuar o camiño cruzando o Forgoselo ata chegar a zona do Curro de Miguelares, para seguir , despois de pasar preto do Pico Ventoso, en dirección á meta, Goente.

RUTA FERVENZA PAINCEIRAS (BERMUI)

RUTA FERVENZA PAINCEIRAS (BERMUI)

Lonxitude da ruta: 18 km Duración aproximada: 4 horas e 15 minutos. Dificultade: media-baixa

Saindo do centro de As Pontes hai que seguir dirección Ribadeume a través do lugar de Vila, onde un camiño se achega ata a beira do río Eume, onde río abaixo haberá que cruzar o rego das Painceiras. Uns metros mais abaixo outro camiño chega ata a fervenza, donde se poden coñecer de preto os muiños utilizados antaño. O viaxeiro regresa por outro camiño, atravesando distintos lugares das parroquias de Bermui e Ribadeume ata chegar de novo ao lugar de Vila.

RUTA FERVENZAS DE SOMEDE

RUTA FERVENZAS DE SOMEDE

Lonxitude da ruta: 26 km Duración aproximada: 6 horas e 30 minutos. Dificultade: moderada

Saindo do casco urbán de As Pontes deberemos encamiñarnos hacia a Ribeira Nova para cruzar dirección Marraxón. Neste lugar collemos outro camiño hacia Cervicol, baixando pola capela do lugar ata o muiño, para dirixirse ata Suarriba. Xa na parroquia de Somede, baixando pola igrexa, o camiño leva ata a cola do pantano onde, collendo a dirección do río hacia arriba, nos leva ata as fervenzas, donde disfrutaremos dos saltos de auga e os seus remansos e donde divisaremos antigos muiños xa abandonados. Dende alí, atravesando a Veiga da Nata, o pasteiro do Caxado ata a estrada de Ortigueira, e ende este punto o cruce do Freixo e do Bañal en dirección a Marraxón, baixamos por San Vicente de Pontoibo e Garabatos ata chegar de novo ao lugar de As Campeiras, xa no casco urbán.

ONDE COMER

comer

ONDE DURMIR

comer