Ir Arriba

Área Recreativa “O Caneiro”

 

Tranquila área recreativa situada nas ribeiras do río Eume, nunha zona típica de vexetación autóctona caducifolia de ribeira (carballos, bidueiros e ameneiros fundamentalmente), dunha extensión de 1ha. Alberga unha rica fauna natural, e é unha zona acoutada de caza e pesca. Goza de bo equipamento para comer, así como de elementos que decoran a paraxe, como un hórreo, unha cruz e unha ponte medieval reconstruída (s. XIII), traída do seu antigo lugar Illade, con motivo da explotación dunha mina de lignito. Posúe unha gran concorrencia de xente durante os meses de verán.
É unha ruta ideal para trekking e bici de montaña, a maior parte asfaltado, con fortes pendentes nalgúns puntos da ruta. E con excepcionais vistas do Ás Pontes e parte del lago así como a bisbarra en todas direccións.

É unha ruta ideal para trekking e bici de montaña, a maior parte asfaltado, con fortes pendentes nalgúns puntos da ruta, e con excepcionais vistas de As Pontes e parte del lago así como a bisbarra en todas direccións.

Observacións: Barbacoas, mesas, cabanas, WC…

Localización: Coordenadas: 43°28’1.88N 7°46’44.26W
http://maps.google.es/maps?f=q&sourc…,0.308647&z=12

Na saída de As Pontes pola estrada cara a Villalba (AC 861), seguir a estrada que vai a Vilarbó, Caneiro, ata chegar ao lugar de Caneiro (5,5 Km). Alí, coller a desviación á esquerda cara á área.