Ir Arriba

Área Recreativa Vilarbó

 

Vilarbó, emprazado á beira do río Eume, é un lugar máxico e de encontro, onde se celebran as Acampadas Intermunicipais na Natureza. Son unhas acampadas de base ecoloxista onde o coñecemento e o respecto polo medio que nos rodea é fundamental, organizadas pola asociación Néboa e os concellos de As Pontes, Neda e Ferrol, e teñen como obxectivo achegar o mundo da natureza aos nenos para que aprendan a coñecela, respectala e gozar dela, á vez que os campistas se forman en actitudes e valores como a tolerancia, a convivencia ou a participación.