Ir Arriba

Casa de la Miel de Goente

 

A CASA DO MEL, atópase no centro xeográfico da Comarca Eumesa, nunha das entradas do Parque Natural das Fragas do Eume, en Goente.

Neste centro de divulgación apícola fanse:

Distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así como un labor de divulgación e formación entre as distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e afeccionados á apicultura.

A Casa do Mel dispón nas súas instalacións de varias salas de exposicións, así como unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e tamén conta cunha sala para conferencias e cursos.

Obxectivos da Casa do Mel:

– A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes as súas exposicións, fundamentalmente os escolares e outros grupos, de onde sairán os nosos futuros apicultores e consumidores destes produtos naturais.
– Ofrecer aos visitantes algo natural, tal e como fan as abellas.
– Apoiar tecnicamente os apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver as súas explotacións

Actividades:

Cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, químico e polínico dos meles, talleres de mel, cera e de cosmética, utilizando os produtos que nos producen na colmea as abellas.

HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO:

Sábados e domingos.
De 16, 00 h. a 21, 00 h.

Con visitas guiadas e asesoramento.

PARA GRUPOS DE ESCOLARES E OUTROS COLECTIVOS:

Previa cita telefónica chamando ao 661 00 36 16.

Realízanse visitas guiadas con talleres de cera e de mel.

 

CONTACTO

Teléfono: 661 00 36 16

Email: casadomel@vodafone.es

http://www.casadomel.es