Ir Arriba

Casa do Mel de Goente

 

A CASA DO MEL atópase no centro xeográfico da Comarca Eumesa, nunha das entradas do parque Natural das Fragas do Eume, en Goente – As Pontes (A Coruña).

Neste centro de divulgación apícola fanse:

Distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así coma unha laboura de divulgación e formación entre as distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e aficionados á apicultura.

A Casa do Mel dispón nas suas instalacions de varias salas de exposicións, así coma unha sala de extracción e envasado do mel, un laboratorio para controlar a calidade do mel e tamén conta cunha sala para conferencias e cursos.

Obxectivos da Casa do Mel

  • A divulgación e a sensibilización do mundo das abellas entre os visitantes, fundamentalmente os escolares e outros grupos, de onde sairán os nosos futuros apicultores e consumidores destes productos naturais.
  • Ofrecer ós nosos visitantes algo natural, tal e como o fan as nosas abellas.
  • Apoiar tecnicamente os apicultores, mellorando os seus coñecementos para axudarlles a desenvolver as súas explotacións

Actividades:

Cursos de apicultura, visitas de escolares e grupos organizados, catas de mel, análise física, química e polínica dos meles, obradoiros de mel, cera e de cosmética utilizando os produtos que nos producen na colmea as abellas .

HORARIO DE APERTURA AO PÚBLICO:

Sábados e domingos.
De 16, 00 h. a 21, 00 h.

Con visitas guiadas e asesoramiento.

PARA GRUPOS DE ESCOLARES E OUTROS COLECTIVOS: 

Previa cita telefónica chamando ao 661 00 36 16.

Realízanse visitas guiadas con talleres de cera e de mel.

CONTACTO

Teléfono: 661 00 36 16

Email: casadomel@vodafone.es

http://casadomelaspontes.blogspot.com.es/