Ir Arriba

Cita coa Historia das Pontes

 

A Cita coa Historia das Pontes é o evento que da a benvida ao verán. Esta cita percorre os períodos históricos máis importantes da historia da comarca do Eume, traendo ata o presente personaxes, costumes e tradicións doutras épocas pasadas. Dende os primeiros asentamentos dos pobos celtas ata o século XIV, no que García Rodríguez recibe o ducado de As Pontes.

Este evento substitúe á tradicional feira medieval que se celebraba dende fai anos no mes de setembro. A comezos de verán, o pasado viaxa ata o presente para ofrecer uns días onde a historia, a cultura e a diversión inundan as rúas da Vila de As Pontes de García Rodríguez.

Visitantes e veciños poden desfrutar dunha das maiores recreacións históricas de distintas épocas; grupos de tribos castrexas, a invasión das tropas romanas, invasións de hordas bárbaras na alta idade media e mesmo soldados de García Rodríguez de Valcárcel, o nobre o que Henrique II de Castela concedeu o señorío de “Puentes de Hume” en 1376 por rescatalo da cárcere tras a batalla de Nájera.

Ademais, entre outras moitas actividades para o desfrute de veciños e visitantes, realízanse demostracións de artesanía tradicional, exhibicións de cetrería, tiro con arco, espectáculos e concertos de música ao vivo, tamén hai postos de venta de gastronomía, coro e outros produtos artesanais e para os mais pequenos existen obradoiros infantís, música e teatro.