Ir Arriba

Como chegar

O municipio de As Pontes está situado no interior norte de Galicia, sector nororiental da provincia da Coruña. Ao leste e sueste limita cos municipios lucenses de Muras e Xermade, o sueste co coruñés de Monfero, o oeste con Capela, San Sadurniño e Somozas e o norte con Ortigueira e Mañón. Cunha superficie de 246,60 km, As Pontes é, polo seu tamaño, o primeiro municipio da provincia e o undécimo de Galicia. Compóñeno actualmente 13 parroquias: As Pontes, Aparral, Deveso, Freixo, Vilabella, Somede, A Faeira,Bermui, Espiñaredo, Eume, Ribadeume, Seixo e Goente. A espiña dorsal deste municipio é o río Eume que ten unha lonxitude de 77 Km e é precisamente o que ofrece a riqueza hidráulica da zona.

O magnífico contorno de tres espazos naturais de máxima importancia, a forza da minaría, a historia, a arte e os métodos de recuperación do chan falan de As Pontes como dun obxectivo turístico de primeira magnitude. A explotación da mina de lignito a grande escala empezou en 1942, e especialmente, en 1976 coa instalación da central térmica de Endesa, un dos edificios máis grandes de Galicia e a cheminea máis alta de Europa.

No ano 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcárcel. Desa época quedan restos no barrio vello e nas pontes medievais que lle deron nome.

DISTANCIAS COAS PRINCIPAIS CIDADES:

A vía máis acertada para acceder As Pontes por estrada a AutovíaA-64, que vai de Lugo a Ferrol pasando por Vilalba. Outra vía que está a coller especial relevancia é a estrada que une As Pontes con Pontedeume e Cabanas – AC-141 -. Partindo do centro da vila cara o norte, a estrada – AC-101 – atravesa a “Serra dá Faladoira”, percorrendo diversas paraxes ata chegar a Ortigueira.

As estradas que pertencen á rede autonómica que se encontran ou pasan por este municipio son as seguintes:

– A vía de alta capacidade (VAC) AG-64 Ferrol-Vilalba.

– A estrada AC-101 pertencente á rede secundaria.

– A estrada AC-831 anteriormente denominada C-641, pertencente á rede primaria básica.

– A estrada AC-118 pertence á rede secundaria e é parte da antiga C-641 que foi substituída por unha variante.

A rede provincial conforma, xunto con algunhas estradas municipais, un segundo nivel na rede de comunicacións do Concello, complementando a rede autonómica.

Estas inician o seu percorrido, na súa maior parte, das estradas de titularidade autonómica servindo de acceso aos principais asentamentos poboacionais do municipio. Así temos que, da estrada AC-101 que percorre a metade setentrional do municipio, parten 6 estradas provinciais que dan accesibilidade aos asentamentos principais de poboación, que son as seguintes: CP-7009; CP-7010; CP-7008; CP-7007; CP-7006, CP- 7005 e CP-7004.

Na zona sur do municipio temos outras estradas provinciais como son: CP-1802; CP-7001; CP-7002; CP-7003.

Se se utiliza o avión, os aeroportos máis próximos son os de Alvedro, na Coruña e Lavacolla, en Santiago de Compostela.