Ir Arriba

Concurso de grelos da XXXIX edición da Feira do Grelo

O domingo 3 de marzo, celébrase a XXXIX edición da Feira do Grelo e, como cada ano, haberá o tradicional concurso de grelos.

¿Qué hai que facer para participar?

Inscríbete de 8:00 a 10:00, o día da Feira, no mercado municipal (Rúa Alexandre Bóveda). A partir das 10:00 xa non se admitirán a máis participantes.

Os grelos deben presentarse en cestas que conterán 10 madas como mínimo e, ademáis, só se admitirá un concursante por unidade familiar. Os concursantes deben ter 16 anos ou máis.

As 11:00 remata o concurso, e comeza a venda ao público dos grelos non premiados.

Premiaranse as seguintes categorías:

“Premios a calidade do grelo”

  • 1º premio: 300 €,
  • 2º premio: 250 €
  • 3º premio: 200 €.

“Tres accesits”

  • 60 € cada un

“Premio especial á cesta mellor adornada”

  • 1º premio: 300 €
  • 2º premio: 200 €
  • 3º premio: 100 €

“Premio Especial Alexandre Pérez Sindín”

  • Os gañadores daranse a coñecer o mesmo día da feira, unha vez rematado o concurso.