Ir Arriba

DEPORTE- SAMURAI XTREME RACE

SAMURAI XTREME RACE

Desafía  aos participantes a conquistar  obstáculos extremos e terreo duro,  será unha carreira duns 7 a 9 km de distancia coa saída e a meta na praia do Lago das Pontes, os  obstáculos se  repartirá por todo o percorrido cunha  separación  máxima entre eles de 500 metros, a carreira  partirá da zona sur da praia do Lago, pasará pola zona cedida por Endesa ao  Concello e penetraerá na zona propiedade de Endesa. Todo o percorrido  será nunha contorna natural con vistas espectaculares ao Lago das Pontes.

A carreira estará limitada a 14 tandas de 100 corredores . Cada 20 minutos tomará a salida unha tanda de 100 participantes aproximadamente, comezando a primera tanda ás 11 AM e a última ás 17:40 horas, salindo cada tanda cada 30 minutos con un tiempo estimado de duración de toda a proba dunhas 8 horas.

As inscricións realizaranse a través do aplicativo da empresa Champion Chip Norte, abríndose o prazo de inscrición o día 20‐XANEIRO‐2018

Cada Finisher recibirá :

  • Camiseta Finisher original.
  • Medalla Finisher.
  • Avituallamento en carreira.
  • Avituallamento post‐carreira.
  • Regalos ofrecidos polos nosos patrocinadores. Haberá un trofeo especial para as tres primeiras/os clasificadas/os, así como aos tres primeiros equipos que consigan sumar o menor tempo posible.

Na Samurai Xtreme Race tamén hai sitio para la diversión, os rapaces e as rapazas de 4 a 13 años poderán disfrutar ao mesmo tempo que melloran a súa actividade física na Samurai Junior Race, que se realizará nas zonas verdes ao lado de la praia do lago.