Ir Arriba

Feira de Fungos e Cogomelos

 

O Concello de As Pontes acolle na última fin de semana de outubro a súa tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades que inclúen dende espectáculos musicais, exposicións a unha degustación gastronómica popular, que fai das Pontes o epicentro da gastronomía galega, cunha aposta pola calidade dun produto tan propio desta tempada como os cogomelos.

A xornada adicada aos cogomelos arranca co tradicional Certame de Cestas en Praza América, na que os concursantes optan a un bo número de premios.

A degustación popular ten lugar ao mediodía completando unha xornada máis que apetitosa.

Outros actos

Ademais dos cogomelos, as grandes protagonistas da xornada, o programa da feira aposta pola promoción da gastronomía da bisbarra, con exposición e venda de produtos da zona como o mel de Goente ou o queixo da Faeira, e a artesanía.

A Mostra de Artesanía do Eume mostra aos visitantes o traballo en vivo de canteiros, torneiros, selleiros ou fiandeiras, entre outros, aos que se sumaron os obradoiros infantís de velas organizados pola Casa do Mel.

Humor, e espectáculos forma parte da oferta cultural, así como a música tradicional, coas actuacións das agrupacións locais.

As exposicións de micoloxía na Casa Dopeso e o Mercado de Oportunidades Vila dás Pontes (Mova), converteno nun dos grandes reclamos da feira.

O Mova, trasladado á Avenida dá Coruña, congrega comercios e negocios da localidade, que se abarrota de visitantes dende que abriu as súas portas.

Ademais, a oferta de actividades da Feira de Fungos e Cogumelos tamén pasa polos máis pequenos e o seu achegamento ao mundo da micoloxía.