Ir Arriba

Feira do Queixo e do Mel

 

No mes de outubro a parroquia pontesa de Goente celebra a Feira do Queixo e da Mel, unha festa de exaltación de dous dos produtos máis populares da gastronomía local. Unha vintena de artesáns participan no evento que organiza o Concello de As Pontes, a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura (Agaeume), a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario e Raíces. Ademais, colaboran os veciños de San Pedro do Eume e Queixerías do Eume
O mercado abre as súas portas a primeira hora. E os que se achegan á feira poden adquirir produtos gastronómicos ou visitar as exposicións de maquinaria ou motocicletas antigas. Ao mediodía, os asistentes poden participar nunha comida popular na que se alcanzan os mil comensais. Tamén poden degustar un menú especial que inclúe requeixo, mel, freixós e queixo. E para o ocio dos máis pequenos, instálase unha zona con xogos e inchables.

Con motivo da feira ten lugar un concurso de receitas doce e salgadas cos produtos homenaxeados e o certame de meles. Os gañadores de ámbolos dous concursos reciben un lote de produtos da Casa do Mel e de Queixerías do Eume.

A xornada finaliza cunha actuación musical.