Ir Arriba

Feiras

FERIA DE FUNGOS E COGOMELOS

.

O Concello de As Pontes acolle no mes de novembro o seu tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades que inclúen dende espectáculos musicais, exposicións a unha degustación gastronómica popular, que fai Das pontes o epicentro da gastronomía galega, cunha aposta pola calidade dun produto tan propio desta tempada como os cogomelos.

Ver [+]

Feira do Grelo

A Feira do Grelo, a primeira que se dedicou en Galicia e este produto, celebrouse por primeira vez no ano 1981, froito dunha iniciativa desenvolvida pola Corporación municipal e a comisión de festas daquel ano. Vendo o auxe da industria e a progresiva desaparición da agricultura tradicional decidiron potenciar e promover un dos produtos típicos da zona: o grelo.

Ver [+]

.

Feira do Queixo e do Mel

.

No mes de outubro a parroquia pontesa de Goente celebra a  Feira do Queixo e do Mel, unha festa de exaltación de dous dos produtos máis populares da gastronomía local. Unha vintena de artesáns participarán no evento que organiza o Concello de As Pontes, a delegación do Eume de la Asociación Galega de Apicultura (Agaeume), a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario e Raíces. Ademais, colaboran os veciños de San Pedro do Eume e Queixerías do Eume.

Ver [+]

CITA COA HISTORIA DAS PONTES

A Cita coa Historia das Pontes é o evento que da a benvida ao verán. Esta cita percorre os períodos históricos máis importantes da historia da comarca do Eume, traendo ata o presente personaxes, costumes e tradicións doutras épocas pasadas. Dende os primeiros asentamentos dos pobos celtas ata o século XIV, no que García Rodríguez recibe o ducado de As Pontes.

Ver [+]

Feira Quincenal