Ir Arriba

Festas do Carme

 

As Pontes é o único municipio interior de Galicia que honra coas súas festas á Virxe do Carme. Esta celebración, que conta con importante arraigamento no municipio, ten lugar cada 16 de xullo dende o ano 1741. Durante varios días sucédense os pasarrúas, verbenas, actos culturais, como o parque activo, e deportivos que enchen de rebumbio as rúas do lugar.

Especial relevancia merece a gran procesión nocturna que o sábado das festas parte da Capela do Carmen coa imaxe da Virxe, que pasa a noite na Igrexa Parroquial de Santa María e que regresa á súa Capela o domingo camiñando sobre unha extensa alfombra floral realizada por veciños.

O colofón destas celebracións chega cada 24 e 25 de xullo da man da tradicional Romaría da Fraga. Por espazo de dous días esta carballeira municipal de gran vistosidade acolle as casetas de madeira dos romeiros que comen e dormen no lugar. A misa de campaña, os gaiteiros, as orquestras e mesmo a celebración dun festival folk non son máis que algúns dos ingredientes da festa.