Ir Arriba

Festas e Feiras

FESTAS

 FESTAS DO CARME

As Pontes é o único municipio interior de Galicia que honra coas súas festas á Virxe do Carme. Esta celebración, que conta con importante arraigamento no municipio, ten lugar cada 16 de xullo dende o ano 1741. Durante varios días sucédense os pasarrúas, verbenas, actos culturais, como o parque activo, e deportivos que enchen de rebumbio as rúas do lugar. Ver [+]

 FESTA DA FRAGA

A Festa da Fraga celébrase dende o ano 1904, é unha festa popular. O seu inicio dise que ven de celebrar despois das festas patronais, o patrón pequeno; pois ben, ao rematar as festas patronais do Carme de 1904 organizouse por primeira vez, o 25 de xullo, día de Santiago, a primeira festa da Fraga. Nos seus comezos situouse nunha pequena illa do Eume, no lugar da Balsa, onde a xente organizaba as súas merendas, e xogos; máis tarde, a mediados do século pasado, a festa trasládase á Fraga de dona Rita (chamada así polo nome da propietaria naquel momento deste espazo que hoxe e propiedade do Concello) ao lado do río. Neste lugar é onde se segue celebrando actualmente, ainda que agora xa integrada como zona verde na zona urbana do Concello. Ver [+]

 FESTA DO FREIXÓ

As Pontes celebra a cita gastronómica  da Festa do Freixó que se leva a cabo na parroquia de San Xoán do Freixo e na que todos os asistentes poden degustar un menú basado en  freixós. Ver [+]

 FESTAS PARROQUIAIS

  • San Vicente
  • San Antón
  • San Mamede
  • San Xoán
  • A Asunción
  • Sta. María
  • Sta. María e San Roque
  • San Cristovo
  • Virxe dá Pena de Francia
  • Os Remedios
  • As Neves
  • O Rosario
  • Virxe do Rosario
  • San Martiño
  • San Pedro e San Roque
  • Ver [+]

FEIRAS

FEIRA DE FUNGOS E COGOMELOS

O Concello de As Pontes acolle no mes de novembro a súa tradicional “Feira de Fungos e Cogomelos” cun amplo programa de actividades que inclúen dende espectáculos musicais, exposicións a unha degustación gastronómica popular, que fai das Pontes o epicentro da gastronomía galega, cunha aposta pola calidade dun produto tan propio desta tempada como os cogomelos. Ver [+] 

FEIRA DO GRELO

A Feira do Grelo, a primeira que se adicou en Galicia e este produto, celebrouse por primeira vez no ano 1981, froito dunha iniciativa desenvolvida pola Corporación municipal e a comisión de festas daquel ano. Vendo o auxe da industria e a progresiva desaparición da agricultura tradicional decidiron potenciar e promover un dos produtos típicos da zona: o grelo. Ver [+]

FEIRA DO QUEIXO E DO MEL

No mes de outubro a parroquia pontesa de Goente celebra a Feira do Queixo e da Mel, unha festa de exaltación de dous dos produtos máis populares da gastronomía local. Unha vintena de artesáns participan no evento que organiza o Concello de As Pontes, a delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura (Agaeume), a Casa do Mel de Goente e os colectivos veciñais de Virxe do Rosario e Raíces. Ademais, colaboran os veciños de San Pedro do Eume e Queixerías do Eume. Ver [+]

CITA COA HISTORIA DAS PONTES

A Cita coa Historia das Pontes é o evento que da a benvida ao verán. Esta cita percorre os períodos históricos máis importantes da historia da comarca do Eume, traendo ata o presente personaxes, costumes e tradicións doutras épocas pasadas. Dende os primeiros asentamentos dos pobos celtas ata o século XIV, no que García Rodríguez recibe o ducado de As Pontes. Ver [+]