Ir Arriba

Festas

Festas do Carme

.

Festas do Carmen. As Pontes é o único municipio interior de Galicia que honra coas súas festas á Virxe do Carmen. Esta celebración, que conta con importante arraigamento no municipio, ten lugar cada 16 de xullo dende o ano 1741. Durante varios días sucédense os pasacalles, verbenas, actos culturais como o parque activo e deportivos que enchen de rebumbio as rúas do lugar.

Ver [+]

Festa da Fraga

A festa da Fraga celébrase dende o ano 1904, é unha festa popular, o seu inicio dise que vén celebrar despois das festas patronais o patrón pequeno; pois ben, ao rematar as festas patronais do Carmen de 1904 organizouse por primeira vez o 25 de xullo, día de Santiago a primeira festa da Fraga.

Ver [+]

Festa do Freixó

Xornada na que As Pontes vive unha cita gastronómica coa Festa do Freixó, que se levará a cabo na parroquia de San Xoán do Freixo e na que todos os asistentes poden degustar un menú basado en   freixós.

FESTAS PARROQUIAIS