Ir Arriba

Gastronomía

 

Produtos naturais e gastronomía:

Un dos produtos máis apreciados da zona é o mel. As características do clima, a vexetación e o solo orixinan diversos tipos de mel de excelentes características e sabores. As clases máis habituais son o de breixo e doutros arbustos, de eucalipto e milfrores.

Outro produto local abundante son os cogomelos por mor da rica vexetación dos bosques da comarca. O hábitat do parque natural das Fragas do Eume favorece a xeración espontánea de máis de cen especies de cogomelos. De todas as variedades que se presentan, os de maior demanda son cogordo (boletus edulis), fungo dos piñeiros (lactarius deliciosus), cantarelo (cantharellus cibarius) e lingua de vaca (hyndum repandum).

Outro produto estrela son os grelos, coñecidos en toda Galicia polas súas especiais características e como ingrediente impulsor da máis tradicional cociña galega. Por outra banda, o queixo elabórase nesta zona desde hai centos de anos, e orixínase nos gandeiros que transmitiron, de xeración en xeración, a técnica da elaboración tradicional, coas características singulares que o diferencian de produtos típicos doutras zonas de España e do mundo, sendo un exemplo de todo iso as Queixarías do Eume.

Para os máis larpeiros, a oferta de sobremesas é case interminable: manteigados, polvoróns,  etc.

Un dos grandes atractivos que o percorrido por As Pontes lles ofrece aos visitantes é a gastronomía. Enraizada nunha cultura ancestral, está sustentada na calidade dos produtos da terra, tratados con gran sinxeleza, con fórmulas moi equilibradas, nas que se procura manter o sabor natural. Por iso, a variedade e a calidade duns produtos coidados con esmero pola xente, son outra das características da cociña da zona. Pero se hai algo común para todos os pratos que se poden degustar aquí é a forma de cociñar, familiar e cariñosa, artesanal, pausada, e cunha sabia combinación de elementos sinxelos e naturais.

MANTEIGADOS DE AS PONTES

.

Dende hai case un século As Pontes foi coñecido polos seus manteigados e polvorons artesanais que continúan elaborándose seguindo a antiga receita de sempre.

As primeiras manteigadas en As Pontes facíaas unha muller na súa casa. Tras probalas todo o mundo quería saber como se facían pero ela negábase a dar a receita. Un día a súa criada espiouna mentres as preparaba e o segredo deixou de selo. A receita estendeuse por todos os fogares do pobo e así comezaron a facerse para todas as festas e celebracións, a masa facíana na casa e levábanas a cocer ás tahonas do pobo.

Ver [+]

CASA DO MEL DE GOENTE

A CASA DO MEL, atópase no centro xeográfico da Comarca Eumesa, nunha das entradas do parque Natural das Fragas Do Eume, en Goente – As Pontes (A Coruña).

Neste centro de divulgación apícola fanse Distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así coma unha laboura de divulgación e formación entre as distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e aficionados á apicultura.

Ver [+]

.

Concurso de Tapas - Saborea As Pontes

Concurso de Tapas

.

Unha cita gastronómica co concurso de tapas “Saborea As Pontes”, que pon a proba a creatividade e o bo facer dos nosos hostaleiros, co que os amantes da boa cociña, terán a oportunidade de degustar os mellores sabores a través dos pequenos pero exquisitos pratos que nos ofrecen os establecementos participantes.

Ver [+]