Ir Arriba

Manteigados de As Pontes

 

Dende hai case un século As Pontes foi coñecido polos seus manteigados e polvoróns artesanais que continúan elaborándose seguindo a antiga receita de sempre.

As primeiras manteigadas en As Pontes facíaas unha muller na súa casa. Tras probalas todo o mundo quería saber como se facían pero ela negábase a dar a receita. Un día a súa criada espiouna mentres as preparaba e o segredo deixou de selo. A receita estendeuse por todos os fogares do pobo e así comezaron a facerse para todas as festas e celebracións. A masa facíana na casa e levábanas a cocer ás tahonas do pobo.

O segredo dos Manteigados Ponteses é a súa elaboración totalmente artesanal, sen colorantes nin conservantes. Manteiga de vaca cocida, ovos frescos, fariña e azucre son os ingredientes que compoñen a receita, pero o proceso, por sinxelo que poida parecer, aínda ten que facerse case totalmente a man. Por cada medio quilo de manteiga, fariña e azucre precisa unha ducia e media de ovos frescos. Outra das súas características que os fan especiais son os moldes feitos a man que permiten ser cocido en forno de pedra como se facían antano.

Hoxe en día elabóranas: Panadería Hermanos Díaz, Viuda de Domingo López, Panadería San José, Artesanía Pontesa do Mantecado, Pastelería Artesana Mari.