Ir Arriba

PROGRAMACIÓN CINE – ABRIL

Aquí temos a programación do cine para o mes de abril:

Melloras curtas nominadas aos Premios Fugaz. O 5 de abril ás 21:30h. na Casa Dopeso, poderanse ver as mellores curtametraxes nominadas aos Premios Fugaz, o galardón máis importante a nivel nacional.

Corgi. Las mascotas de la Reina. 6 e 7 de abril ás 17:00h. Rex, o Corgi favorito da Raiña Isabel II de Inglaterra, pérdese fora de palacio e descubre un mundo novo. ¿Vas perderte a súa aventura?

Dolor y gloria. 6 e 7 de abril, pendente de confirmar horario. Película dirixida por Almodóvar que nos conta unha serie de reencontros na vida de Salvador Mallo, un director que está vivindo o seu declive persoal e profesional.

¡Shazam! 13 e 14 de abril, pendente de confirmar horario. Billy pode converterse nun superhéroe o pronunciar a palabra shazam e pon a proba os seus poderes cando se enfrenta ao mal.

El parque mágico. 20 e 21 de abril ás 17:00. A June encántalle crear parques de atraccións máxicos, pero a súa imaxinación fai que un dos seus parques convértase en realidade. Nel vai vivir moitas aventuras xunto ao oso Boomer.

Taxi a Gibraltar. 20 e 21 de abril, pendente de confirmar horario. Leo, un taxista endebedado, e Diego, un rapaz que acaba de saír do cárcere, atópanse cunha rapaza chamada Sandra e xuntos van a buscar o cargamento de ouro perdido que hai nas galerías do Peñón de Xibraltar para roubalo.

Vengadores: end game. 27 e 28 de abril, pendente de confirmar horario. Despois de que Thanos deixasa o universo en ruínas, os Vengadores deben reunirse e, con a axuda dos aliados que quedaron, restablecer a orde do universo.