Ir Arriba

Que visitar

AS FRAGAS DO EUME

Conta a lenda que na extensa e poderosa serra do Xistral naceron tres ríos irmáns, que discorrían por distintas abas e competían para chegaren ao mar. Acordaron descansar no camiño, un pacto que soamente o río Eume cumpriu e, cando se viu traizoado polos seus irmáns que non respectaron o descanso, acelerou a marcha e labrou os fermosos desfiladeiros que se contemplan nas súas fragas, declaradas parque natural en 1996. Ver [+]

AS PONTES DE AS PONTES

As Pontes, coñecida como a vila dos cen ríos, destaca polo seu protagonismo merecido das súas antigas e conservadas pontes, onde se configuraron como imprescindibles para salvar os camiños de auga que atravesan o municipio e que nos achegan a gratificante riqueza hídrica. Ver[+]

RUTAS DE SENDEIRISMO

RUTA DA RIBEIRA E LOSTEGAL
 
RUTA DO CAMIÑO DOS ARRIEIROS (1º TRAMO)
 
RUTA DO FORGOSELO
 
RUTA FERVENZA PAINCEIRAS (BERMUI)
 
RUTA FERVENZAS DE SOMEDE 

Ver [+]

ÁREA RECREATIVA “O CANEIRO”

Tranquila área recreativa situada nas ribeiras do río Eume, nunha zona típica de vexetación autóctona caducifolia de ribeira (carballos, bidueiros e ameneiros fundamentalmente), dunha extensión de 1ha. Alberga unha rica fauna natural, e é unha zona acoutada de caza e pesca. Goza de bo equipamento para comer, así como de elementos que decoran a paraxe, como un hórreo, unha cruz e unha ponte medieval reconstruída (s. XIII), traída do seu antigo lugar Illade, con motivo da explotación dunha mina de lignito. Posúe unha gran concorrencia de xente durante os meses de verán. Ver [+]

ÁREA RECREATIVA VILARBÓ

Vilarbó, emprazado á beira do río Eume, é un lugar máxico e de encontro, onde se celebran as Acampadas Intermunicipais na Natureza. Son unhas acampadas de base ecoloxista onde o coñecemento e o respecto polo medio que nos rodea é fundamental, organizadas pola asociación Néboa e os concellos de As Pontes, Neda e Ferrol, e teñen como obxectivo achegar o mundo da natureza aos nenos para que aprendan a coñecela, respectala e gozar dela, á vez que os campistas se forman en actitudes e valores como a tolerancia, a convivencia ou a participación. Ver[+]

CASA DO MEL DE GOENTE

A Casa do Mel atópase no centro xeográfico da Comarca Eumesa, nunha das entradas do parque Natural das Fragas do Eume, en Goente – As Pontes (A Coruña).

Neste centro de divulgación apícola fanse distintos traballos en prol dun mellor coñecemento das abellas e do seu mundo, así coma unha laboura de divulgación e formación entre as distintas persoas que acoden a visitarnos: grupos de escolares, particulares ou profesionais e aficionados á apicultura. Ver [+]

MUSEO ETNOGRÁFICO MONTE CAXADO

No curso 85/86, á proposta do mestre José Mª López Ferro, acórdase no Claustro deste Colexio crear un Museo Etnográfico como un proxecto pedagóxico. Ó chegar a industrialización á vila, descenden os traballos artesanais, agrícolas e gandeiros. Quedan máis ben nos arredores, sendo os maiores os que seguen coas súas tradicións e, ó seren poucos, moitos destes traballos desaparecerán. Ver [+]