Ir Arriba

RUTA DO FORGOSELO

RUTA DO FORGOSELO

Lonxitude da ruta: 21 km Duración aproximada: 5 horas. Dificultade: moderada

Tratándose dun espazo natural de especial relevancia para o municipio de As Pontes, compartido con dous municipios limítrofes, A Capela e San Sadurniño, merece atención esta ruta.

Partindo dende o lugar de Igrexafeita, pertencente ao Concello de San Sadurniño, seguirase o camiño ata chegar ao río Castro, continuando ata o Castelo de Narahío seguindo río abaixo. Comeza un moderado ascenso para chegar ao alto do Forgoselo, na zona de Racamonde, onde poderemos disfrutar dunhas gratificantes vistas que nos agasalla o seu mirador. O camiñante deberá continuar o camiño cruzando o Forgoselo ata chegar a zona do Curro de Miguelares, para seguir , despois de pasar preto do Pico Ventoso, en dirección á meta, Goente.