Ir Arriba

RUTA SENDA DA RIBEIRA (PRG 203)

PR-G 203 SENDA DA RIBEIRA
Ano homologación 2016

Punto de Partida: Ponte dos Ferros
Chegada: Muiño de Alende
Lugar: Concello de As Pontes
Servizos: Concello As Pontes

Acesos:
Dende Ferrol AG 64 – AC 861
Dende Villalba AG64 – AC 861
Dende Ortigueira AC 564
Dende Pontedeume

Puntos de Interese:
O lago, Capela do Carme, Ponte dos Ferros, Ponte Isabel II, Ponte Romana, Área recreativa O Caneiro,  Fervenzas de Somede, Fervenzas de Bermui,  Encoro de A Ribeira, Encoro do Eume

Máis info.
Concello de As Pontes
www.turismoaspontes.com
Parque Municipal S/N, 15320 As Pontes
Telf. 981 453 116

Club montaña O Caxado
Brixeo, Nº15, 15320 As Pontes
Telf. 681 365 713
www.clubmontañacaxado.es

 

Esta ruta parte de A Vila, centro histórico do municipio. Salimos da Ponte dos Ferros, recurso patrimonial de especial importancia para os ponteses xa que a súa historia da orixe ao nome de la vila, para dirixirnos ó paseo situado detrás da igrexa de Santa María. Este paseo conduciranos á Ponte de Isabel II, situado na Avda. de Galicia, unha das principais vías de acceso ó municipio, o cal deberemos de cruzar para continuar a nosa andadura xunto ó río. Neste punto, emprenderemos o camino hacia o Encoro de A Ribeira…Xa pola marxe dereita do río e contrario á súa marcha pódese gozar dun sendeiro á beira de carballos ao longo do río ata chegar á Presa de Alende, a cal se atopa baixo unha maxestosa ponte do mesmo nome, por baixo do cal deberemos de pasar para seguir a marcha río arriba ata chegar aoBarrio dos Chaos. Continuaremos pola fraga ata chegar á estrada que nos levará ao Barrio da Cuíña. Dende aquí introducirémonos de novo no bosque ata chegar ao rio, o cal seguiremos ata atopar unhas escaleiras que nos conducirán ao Encoro da Ribeira. Logo, unha vez cruzada a presa, tomaremos o paseo á nosa esquerda para comezar o noso descenso ata o Parque do Eume (Parque de Dona Rita) onde se atopa o Muíño de Prieto (primeiro centro de subministración de electricidade das Pontes). Seguindo río abaixo, pola marxe do mesmo, cruzamos o Parque de Dona Eume. Tras pasar por baixo da Ponte dos Chaos subimos polas escaleiras para volver paseando pola beira dos carballos que delimitan a canle do río. Pasamos de novo por baixo da Ponte de Alende e, deixando ao carón a presa, continuamos xunto ó río ata chegar ao final contemplando outro dos muíños, o Muíño de Alende .Dende aquí só teremos que cruzar a estrada que atravesa a Ponte de Isabel II, baixar as escaleiras e percorrer de novo o paseo fluvial que nos levará á Vila. A ruta, tal e como comentamos, toma o seu inicio no casco antigo, á beira do río Eume, pero poderá ser percorrida en ambos sentidos, aínda que neste caso percorrerémola en sentido contrario ás agullas do reloxo (e río arriba).

metodo-mide

logos-textos-subvencion

Datos de Descarga:

Track kml – kmz
Track gpx
Track wikiloc

Perfil google

perfil-google-earth